Fomentando a Reciclaxe dende os Proxectos
Ao longo deste curso académico 2017/2018 son varios os proxectos que fan visibles a preocupación do Colexio Possumus polo coidado do medio ambiente e o repecto a natureza, porque nós si SOMOS VERDES!




Recíclate con Sogama
​
"Recíclate con Sogama" é un programa integrado no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Este é un programa de educación ambiental a través do cal se pretende promover a participación e implicación da comunidade educativa na correcta separación dos residuos xerados nos centros escolares. Para facilitar a tarefa, os centros dispoñen das "illas de reciclaxe", conformadas por tres contedores de 120 litros de capa-cidade cada un (amarelo, para as latas, briks e envases de plástico; azul, para o papel/cartón; e verde, para a fracción non reciclable).
Plan Proxecta
​
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.
​
Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado.
Diverciencias 2018
​
Diverciencias nace co afán de promover e achegar as ciencias aos máis pequenos do colexio. De xeito totalmente lúdico e divertido os alumnos viviron seis semanas cargadas de actividades emocionantes que non pasaron desapercibidas.
​
Esta experiencia resultou moi divertida xa que combina a aprendizaxe co xogo e ao mesmo tempo moi enriquecedora tanto para alumnos como para toda a comunidade escolar.
​
Este curso, neste programa se traballou con material de refugallo para realizar unha serie de actividades novedosas e motivadoras para o alumnado.
​
Nas Ciencias tamén se pode Reciclar, Reutilizar e Reducir!!!
Somos Verdes
​
Somos Verdes é o Proxecto de Centro do noso colexio no curso 2017/218. Naceu co afán de crear conciencias ecolóxicas, respectuosas co medio ambiente e compatibles co mantemento da natureza non so no alumnado, senón que tamén entre o profesorado e as familias.
​
O proxecto contou coa colaboración de toda a comunidade escolar, e a través de diferentes actividades tocáronse moitos temas relacionados coas 3R, a sostibilidade, o cambio climático, etc. As actividades están plasmadas nesta web.
​
Fíxose moito, pero aínda queda moito que facer e moito que aprender!