
SOMOS VERDES, PROXECTO DE CENTRO 2017/2018
da man de
RECÍCLATE CON SOGAMA E O PLAN
PROXECTA




Arrancamos!
O proxecto trata de concienciar ao alumnado sobre a recolección de material para reciclar, pero tamén tratamos de chegar á razón principal do problema latente na sociedade actual: os hábitos consumistas que favorecen a produción dunha cantidade innecesaria de lixo.
​
Tomemos consciencia sobre o efecto da nosa mala xestión no medio ambiente.
Reciclaxe
Ao longo deste curso, o alumnado de Educación Primaria e en colaboración con Educación Infantil e Educación Secundaria levarán a cabo o proxecto de Reciclaxe do Plan Proxecta 2017/2018 da Xunta de Galicia que leva por título "Recíclate con Sogama".
​
Unha experiencia e un xeito de fomentar a conciencia ecolóxica entre o alumnado, profesorado e familias.
Obxectivos
Moitos son os obxectivos propostos, pero todos eles poden resumirse no seguinte: fomentar o coidado da natureza e o respecto polo medio ambiente e os seres vivos que nel habitan.
​
Entendendo o significado das 3R todos poderán poñer o seu gran de area no proxecto.
