top of page

A NOSA CONTRIBUCIÓN . . . 

Álex Alonso do Instituto de Investigacións Mariñas visita o noso Centro

Foto del escritor: Colexio PossumusColexio Possumus

Actualizado: 27 may 2018

Alexandre Alonso, licenciado en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo, traballa no Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) de Vigo. 

Alexandre realizou tres charlas aos grupos de 4º e 5º de primaria e 4º da ESO. A charla adaptouse aos diferentes grupos educativos e o alumnado estivo atento en todo momento ás explicacións sobre a bioloxía mariña, a sostibilidade do medio mariño, medidas de crecemento dos peixes, formas de marcaxe, mandíbulas de tabeiróns, mamíferos mariños e outras curiosidades do medio mariño. Para eles as sesións chegaron a pouco, posto que as preguntas e anécdotas eran moitas. 


Grazas a estas charlas, o alumnado viviu de preto o traballo dun investigador nesta rama da ciencia, e todos tiveron claro que os científicos non deixan nunca de estudar e aprender, e que neste mundo o inglés e unha lingua imprescindible. Ademais, tomaron conciencia da importancia da implicación da Ciencia na conservación do medio mariño.


No tocante ao mar, coñecimos o resultado de desfacernos dos plásticos, o que contribuíu a concienciar sobre o uso de bolsas de rafia ou outro material reutilizable ao ir de compras. Cando nos desfacemos dunha bolsa de plástico pode acabar nun vertedoiro, ser queimada ou ben reciclada. Desafortunadamente, algunhas terminan nos océanos creando verdadeiras illas de lixo plástico. Outras merman as condicións de vida dos seres que alí habitan e moitas delas producen a morte dos mesmos, por impedir o crecemento, por impedir a respiración ou ben por trastornos a nivel gástrico.


O alumnado de 4º da ESO manifestou posteriormente a súa preocupación polo efecto do cambio climático nos arrecifes de corais.

Esta publicación tamén en Facebook

Comments


© 2017 Proxecto de Centro 2017-2018. Colexio Possumus

bottom of page