top of page

A NOSA CONTRIBUCIÓN . . . 

Visitamos as instalacións de Sogama

Foto del escritor: Colexio PossumusColexio Possumus

Actualizado: 27 may 2018

O mércores 31 de xaneiro, os alumnos de 5º e 6º de primariativeron a oportunidade de coñecer de primeira man o proceso de reciclado do plástico e a materia orgánica na Planta de Reciclaxe de SOGAMA en Cerceda (A Coruña). 

A viaxe pagou a pena pese a que houbo que solventar algunhas pequenas incidencias polo camiño. Afortunadamente nada grave ... Pese a todo, o día acompañounos e realizaron unha exploración pola planta, eso sí, ataviados cos equipos de protección correspondentes, e soportando un cheiro un tanto desagradable! Houbo incluso quen o pasou francamente mal por este motivo.

Esta actividade está incluída dentro do Proxecto de Centro, Possumus viridis: Somos Verdes, e o que está claro é que durante a mesma dous monitores explicaron o funcionamento da Central así como a gran labor que facemos de xeito indidual nas nosas casas ao separar o lixo nos seus correspondentes contedores.

SOMOS VERDES!



Esta publicación tamén en Facebook

Comments


© 2017 Proxecto de Centro 2017-2018. Colexio Possumus

bottom of page