O pasado curso, o Centro tiña un Proxecto de insonorización empregando bólas de tenis. Na seguinte entrada explicamos as nosas razóns para realizar o proxecto. Neste curso académico, percatámonos de que xa moitas das bólas empregadas estaban desgastadas ou ben o corte para colocar na pata da silla estaba demasiado aberto e facía que a bóla se caíse... polo que optamos por facer unha renovación das bólas que se atopaban en mal estado.
Esta experiencia resultou positiva na redución do ruído nas aulas, e podemos dicir que no Colexio Possumus as cadeiras non fan ruído ao seren arrastradas!

Por que insonorizar?
O ruído é un dos problemas ambientais máis comúns e preocupantes na nosa sociedade. As fontes de produción de ruído están tan introducidas na nosa vida cotiá que este problema é moi difícil de solventar.
En canto a nós, se nos centramos no entorno escolar, atopámonos con dúas posicións problemáticas:
O persoal docente, que ten que facer un sobreesforzo para combatilo na súa labor diaria (para proporcionar unha educación de calidade), e
O alumnado, que ten que convivir con él, tratando de desenvolver as súas capacidades e destrezas a pesar de estar rodeado de ruído.
Algúns dos inconvenientes producidos polo ruído son:
perda auditiva,
estrés,
alta presión sanguínea,
perda de sono,
distracción,
perda de produtividade no traballo,
así como una redución xeral da calidade de vida e a tranquilidade.
No proceso de aprendizaxe, a información é unha ferramenta imprescindible, e co ruído, a escoita e a entrada da información vese seriamente comprometida. Desta forma, a contaminación acústica tamén dificulta o rendemento ante calquera tipo de tarefa, a atención lectora e a resolución de problemas, aumentando así o número de fracasos.
Outra consecuencia do ruído no ámbito educativo, é que o educador ten que elevar automaticamente a voz para facerse oír. Cando elevamos a voz a nosa expresión facial cambia, vírase máis agresiva, isto é percibido polo alumnado e créase unha situación de “enfado” ou malestar que non propicia para nada o proceso de aprendizaxe afectiva.
Dentro da nosa responsabilidade queda o protexelos e ensinarlles a controlar o ruído na súa xusta medida. Como consecuencia desta preocupación crecente, o noso Colexio quere tomar medidas para diminuír en todo o que nos sexa posible o ruído nas aulas e no ambiente escolar.
Tendo en conta, que no colexio os rapaces/as pasan moitas horas ao día, consideramos adecuado facer todo o posible para baixar o nivel de ruído nas aulas. Unhas das medidas que o noso centro vai a adoptar é poñer pelotas de tenis nas patas das cadeiras, co propósito de que cando os alumnos as arrastren o nivel de ruído sexa imperceptible.
Comments