O alumnado do Centro recibiu unha visita de tres especialistas en medio ambiente que trataron de transmitir aos rapaces/zas a importancia de conservar o medio ambiente e sobre todo o noso monte, como fonte de rizqueza e diversidade.
Fixeron especial fincapé en dous apartados que están a causar grandes danos nos bosques:
O lixo que as persoas tiramos nos montes convertindo estos espazos en verdadeiros contedores de desperdicios. Ademais, a quema de lixo e residuos que todavía se está a producir nalgunhas poboacións, onde se sigue acumulando o lixo e posteriormente se queima. Algunhas destas queimas non están controladas e convírtense en focos de lume.
Os incencios forestais, que ademais azotaron a nosa zona. Explicaron que moitas veces os mesmos se producen por acción humana, directa ou inderecta, xa que o feito de verter lixo nos montes é tamén unha das causas que pode provocar un incendio forestal. As causas indirectas relacionadas cos incendios teñen que ver con factores climáticos como as altas temperaturas e os períodos longos de sequía consecuencia do cambio climático.

Esta publicación tamén en Facebook
Comentários