A Asociación de Comerciantes de Teis (ZONATEIS) celebrou a 3º edición de "Los niños decoran el barrio", que ten como obxectivo engalanar as rúas do barrio con motivos navideños. Durante estos días, puidemos ver adornos feitos con material reciclado, ao longo da rúa Sanjurjo Badía e confluencias, creados polos alumnos e alumnas dos centros educativos do barrio (entre os cales participou o Colexio Possumus). Este ano, a premisa da actividade era que os adornos reciclados tivesen a cor vermella.
Todo o alumnado de primaria participou activamente, creando estrelas con palliñas usadas, campás con vasos de iogur, lazos con bolsas de plástico vermello e todo aquelo que a imaxinación creou. Finalmente, unha representación do alumnado acompañou aos responsables da organización para colocar os adornos nas árbores do noso barrio.
O concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, visitou a rúa decorada polo alumnado dos colexios con motivos de Nadal. O noso centro apostou este ano polo material de refugallo para decorar ás árbores nunha aposta polo seu "PENSANDO EN VERDE: A RECICLAXE", no que está inmerso de cheo o colexio neste curso.
Unha colaboración espléndida!
Esta publicación tamén en Facebook
Comments