top of page

A NOSA CONTRIBUCIÓN . . . 

Fabricamos Papel Reciclado

Foto del escritor: Colexio PossumusColexio Possumus

O alumnado de primaria é infantil, prepara papel reciclado, atenden con moito entusiasmo a explicación en detalle como é o proceso de fabricación de papel reciclado a partir de follas vellas de libretas. Este papel reciclado será empregado para conmemorar o día do libro facendo uns marcapáxinas moi orixinais.





Pero, que é a reciclaxe de papel? A reciclaxe de papel é unha das formas de reciclar máis beneficiosas para o medio ambiente, en gran parte debido ao coste medioambiental que supón obtelo a partir da natureza (un 90% da pasta de papel procede das árbores). O reciclado de papel, ten por norma xeral producir novamente papel, chamado papel reciclado. Para obtelo, moése papel que se obtén de trozos e recortes de papel principalmente de revistas, xornais e todo tipo de documentos que acostumamos a tirar.


Por cada tonelada de papel reciclado aforramos ao medio ambiente:

  • 17 árbores adultas.

  • 2,5 metros cúbicos de refugallos.

  • 27.000 litros de auga.

  • 1.440 litros de aceite.

  • 4.100 kilovatios-hora de enerxía.

  • 27 kilogramos de contaminantes.


Este é o vídeo explicativo empregado na explicación do proceso de fabricación de papel reciclado. O alumnado que fixo a expliación pertence ao primeiro curso da ESO.



Comments


© 2017 Proxecto de Centro 2017-2018. Colexio Possumus

bottom of page