top of page

A NOSA CONTRIBUCIÓN . . . 

Escollendo un logo para o noso Proxecto de Centro 2017/2018

Foto del escritor: Colexio PossumusColexio Possumus

Actualizado: 3 jun 2018

O alumnado do centro participa de xeito voluntario no deseño do logo que fará visible o noso novo Proxecto.


Ao comenzo do curso, trala elección do proxecto, o alumnado de todo o Centro foi convocado a un concurso voluntario no que de xeito voluntario podían participar realizando uns debuxos identificativos que resumisen a esencia do noso proxecto.


Elección dos gañadores


A participación do alumnado foi grande, sobre todo en Educación Infantil e Primaria. En Secundaria non tivo tanto éxito, pero aínda así conseguimos un Logo.

Os alumnos/as interesadas recibiron unha folla normalizada para realizar o debuxo, cun prazo de entrega inamovible. Despois de recollidos os debuxos dos aspirantes, tocoulle ao profesorado a difícil elección dos debuxos gañadores. Por votación, os debuxos desta entrada foron os seleccionados para representar o proxecto. Un por cada etapa educativa:


Educación Infantil : Abril Pascal 4º EI

Educación Primaria : Neusa Álvarez 6º EP

Educación Secundaria: Kesia Prieto 3º ESO



Commentaires


© 2017 Proxecto de Centro 2017-2018. Colexio Possumus

bottom of page