Moitas son as actividades realizadas este ano para o Proxecto Diverciencias nas que se empregaron materiais reutilizados, botellas de plástico, cartóns, e moitos pero que moitos máis. Con eles se construíron coches veloces, estacións meteorolóxicas, regadeiras para os máis cativos/as, mans robóticas, etc.
Con este Proxecto, vemos que as Ciencias, ademais de divertidas poden contribuir a reducir o lixo que xeramos nas nosas casas!
Moitas foron as actividades realizadas, un xogo de "conectar" realizado en un taboleiro de cartón, idear como protexer un ovo nunha gran caída con material reutilizado, ver as capas dos océanos empregando garrafas de auga, realizar levantamentos topográficos con resto de goma Eva, ou ben a permeabilidade do solo con botellas! Todo feito por eles!
Máis actividades en Diverciencias 2018
Comments