O feito de que o noso Centro non teña espazo para plantas non é un empedimento para que poidamos velo verde e fermoso.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria realizou unha gran actividade na que aunaron imaxinación e ecoloxía, posto que con diferentes materiais de refugallo (botellas plásticas na súa maior medida) lograron reverdecer o noso patio e incluso que todo o centro vise reverdecer o mesmo.
Para poder cultivar non é necesario mercar testos, con un pouco de ganas e imaxinación podemos reutilizar algún material que atopemos na casa para facer fermosas macetas. Todo a nosa elección e gusto!
Esta publicación tamén en Facebook
Comments