Chus Lago e o Cambio Climático
- Colexio Possumus
- 2 jun 2018
- 1 Min. de lectura
Chus Lago, alpinista, escritora e nestes momentos Concelleira de Medio Ambiente en Vigo, visitou o xoves 3 de maio o Centro para demostrar ao alumnado de 5º y 6º de Educación Primaria que "querer é poder", que os logros consíguense a base de insistencia, e que unha derrota é unha oportunidade para erguerse e intentalo de novo.
Con imaxes e vídeos das súas expedicións, Chus conectou co noso proxecto "SOMOS VERDES" alertando ao alumnado sobre o desxeo que están a sufrir os casquetes polares e como repercute o quencemento global na migración dos animais.
Chus advirte: "protexer o xeo significa protexernos a nós mesmos". Ademais, explicou como el e dúas colaboradoras viaxarán en breve a zonas polares no "seu compromiso coa Terra".
Non perdades a nosa publicación do martes 5 de xuño no Faro de Vigo.
Esta publicación tamén en Facebook
Commenti