top of page

A NOSA CONTRIBUCIÓN . . . 

A Patrulla Reciclaxe chega ás aulas

Foto del escritor: Colexio PossumusColexio Possumus

"Recíclate con Sogama" é un programa integrado no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Este proxecto, está centrado na recollida selectiva de residuos a través das illas de reciclaxe que Sogama (empresa de carácter público) proporciona aos colexios que pertencen ao Proxecto.


Para explicar ao alumnado de primaria como se fai a separación dos residuos nos correspondentes contedores, os alumnos de 4º da ESO acodiron a primaria como unha Patrulla de Reciclaxe e fixeron sendas presentacións nas correspondentes aulas explicando aos máis pequenos/as que cada color de contedor recolle un tipo de lixo no seu interior. O que se pretende é facer unha recollida selectiva de lixo e que o alumnado leve a súa casa o aprendido no centro. Así cada un porá o seu gran de area para evitar a contaminación e favorecer a reciclaxe que se produce na Central de Sogama en Cerceda.


Este tipo de traballo básase no traballo en equipo e a colaboración de toda a comunidade escolar.



Esta publicación tamén en Facebook

Comments


© 2017 Proxecto de Centro 2017-2018. Colexio Possumus

bottom of page