Fomentando a protección e respecto dos animais, a alimentación saudable e o xogo como base da aprendizaxe a través de proxectos
Ao longo deste curso académico 2021/2022 son tres os proxectos que abordaremos dende o Colexio Possumus, os tres englobados dentro do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia:
Plan Proxecta+
​
O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademáis estén comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.
Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Estes programas inciden en aspectos calve da adaptación do sistema educativo aos retos globais como a igualdade de xénero e a coeducación, a competencia dixital, o recoñecemento dos dereitos da infancia, a promoción da saúde, a educación intercultural ou a transición ecolóxica.
​
Un dos principais obxectivos é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade.
Protexe aos animais (Educación Infantil)
​
O programa "Protexe aos animais" está incluído dentro do Plan Proxecta+ e promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (Dirección Xeral de Patrimonio Natural).​
​
Este proxecto trata de promover a concienciación na sociedade actual do respecto e da protección dos animais domésticos, asentar valores fundamentais na tenza responsable de mascotas e análise crítica dos actos e das condutas non desexadas, como o abandono e o maltrato.que relacionado coa tenencia responsable dos animais domésticos e o seu benestar. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo non que terán que elaborar un proxecto onde se observe e desenvolva accións preventivas e curativas de fomento da saúde dos animais de compañía; difundir información e educar á pobloación sobre as prácticas adecuadas para a tenencia de animais nos ámbitos sanitario e ambiental.
Xermoliño no Possumus (Educación Primaria)
​
O proxecto “Aliméntate ben” forma parte da estratexia educativa do Plan para a prevención da obesidade infantil de Galicia (plan Xermola), da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta+ de innovación educativa.
​
As modalidades do Aliméntate ben buscan traballar todas as dimensións do feito alimentario dun xeito integral e transversal na comunidade de referencia do alumnado. Responde á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro. Para acadar estes obxectivos, se lles convida a coñecer a contorna alimentaria a través de experiencias sensoriais, a valorar o noso patrimonio alimentario tradicional, a reflexionar sobre a influencia do medio (publicidade, dispoñibilidade de alimentos, industria alimentaria) e as súas consecuencias sobre o estado de saúde, entre outras, co fin de desenvolver un comportamento crítico como consumidores responsables fronte á oferta alimentaria actual.
O Possumus tamén xoga (Educación Secundaria)
​
O proxecto está incluído nos "proxectos de innovación en dinamización lingüística" promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Forma parte da estratexia educativa do Plan para a o programa e consiste en elaborar e desenvolver un proxecto relacionado coa innovación educativa en dinamización da lingua galega no centro de ensino. Para iso, o centro, mediante un traballo en equipo, planificará e desenvolverá accións innovadoras que impliquen e fomenten o uso da lingua galega e á vez promovan o coñecemento cultural para garantir a plena competencia comunicativa.