top of page
plan proxecta21.png
MY BUTTON
MY BUTTON
PROXECTOS DE CENTRO 2021/2022 
 
      da man de 
 
PLAN 
PROXECTA+
DA XUNTA DE GALICIA
Arrancamos!

Os proxectos tratan de concienciar ao alumnado sobre diferentes aspectos da nosa sociedade, contribuindo a favorecer o desenvolvemento e a capacidade crítica do noso alumnado. 

​

Con estes proxectos, o alumnado tomará parte activa no seu proceso de aprendizaxe, incluíndo actividades innovadoras, motivadoras e moi divertidas.

Plan Proxecta+

Ao longo deste curso, todo o alumnado do centro levarán a cabo os 3 proxectos propostos e aprobados polo Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia para o noso centro.

​

Unha experiencia e un xeito de fomentar o amor e respecto cara os animais e por ende a natureza, a importancia dunha alimentación saudable dende idades moi pequeñas e o uso da nosa lingua a través de técnicas innovadoras e moi motivadoras para todo o alumnado.

Obxectivos

Moitos son os obxectivos propostos nestes grandes proxectos, pero todos eles poden resumirse nos seguintes:  fomentar o coidado da natureza e o respecto polo medio ambiente e os seres vivos que nel habitan así como pola saúde a través da concienciación e o fomento de hábitos saudables. 

​

Por outra banda, en todas as actividades do proxecto fomentarase o uso da lingua galega como lingua vehicular.

Colaboramos

Os proxectos estás deseñados para Educación Infantil, Primaria e Secundaria, pero toda a comunidade escolar colabora nos diferentes ámbitos de aplicación. 

​

Os traballos e espazos están repartidas segundo as idades e as capacidades dos diferentes cursos.

​

Todos contribuiremos no proxecto e incluso colaboraremos co noso barrio.

bottom of page