Hoxe, o alumnado de 5 anos e 1º e 2º de primaria puxéronse máns á horta e plantaron sementes de canónigos, rúcula, remolacha, cenouras e unha pequena variedade de leitugas. Coa axuda da asociación Amigos da Terra e Xaruma e con moita paciencia e dedicación aprenderán a dar os coidados necesarios para que estas pequenas sementes se tranformen en rica e moi saudable comida.
Hoxe arrancan os traballos da horta, e pouco a pouco vos iremos contando os progresos destes pequen@s horticultores/as. De momento xa saben que para que as sementes xerminen precisan un bo sustrato que lles aporte nutrientes, auga e tempo.
Que ricas merendas nos esperan!!!
Neste proxecto de horta estamos a traballar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), contribuíndo a través do calendario de cultivo, empregando a horta activa, traballando en equipo e tomando decisións conxuntas e tamén relacionando a comida saudable co colexio.
Dende os nosos proxectos seguiremos traballando os ODS!!!
תגובות