MANS Á HORTA - PLANTAS AROMÁTICAS
- proxectapossumus
- 16 mar 2022
- 1 Min. de lectura
Enmarcado no proxecto escolar "Aliméntate ben" gozamos dun obradoiro para recoñecer as plantas aromáticas, plantalas e coñecer os seus beneficios... Aprendemos, por exemplo que o tomillo serve para aromatizar unha saborosa carne e axuda a desconxestionar o sistema respiratorio; a menta é un ingrediente esencial para un postre, o orégano é imprescindible nunha pizza ou nun prato de pasta, que coa lavanda podemos facer un perfume e ten poderes relaxantes... Unha experiencia moi interesante e enriquecedora para aprender investigando e de forma lúdica.
Comments